Seleccionar página

LUGO FOLK Encontros de Música Popular

1 – 2 – 3 OUTUBRO

Caldiae Factoría Cultural

Música

Sala Tebras pretende ser un referente como sala de concertos, con capacidade para mil persoas.

Cinema

Os Cines Codex, salas onde a sua base principal e a proxección de películas en versión orixinal, tamen realiza unha aposta polo cinema menos comercial.

RESTAURACIÓN

No noso restaurante Vexetarian, poderás disfrutar dunha comida totalmente vexetariana, un espazo onde poder vivir unha experiencia gastronómica diferente.

ESTAMOS SITUADOS

Praza Viana do Castelo 3
982 813 780

Codex Cinema

Sala Tebras Conciertos

VEXETARIAN RESTAURANTE

CALDIAE Factoría Cultural

Caldiae Factoría Cultural é un proxecto onde a creación e a proxección cultural van da man de cara á promoción da cultura galega, así como outras culturas europeas.

Un espazo de máis de 3.000 m2 que acolle: os Codex Cinema con dúas salas de cine con 73 e 144 butacas cada unha; un auditorio para 220 espectadores; un restaurante vexetariano con sala de espectáculos para máis de 100 persoas; unha sala de exposicións; un estudio de gravación de discos e post-produción de audio para cine e televisión deseñado polo enxeñeiro brasileiro Marçelo Tavares; un estudio de radio dende onde se emite LugoSiRadio no 107.4 da FM; a redacción do periódico dixital Xornaldelugo.com; unha sala de concertos-plató de televisión cun aforo de preto de  1.000 persoas; unha tenda cultural de libros e discos; a compañía discográfica Sons Galiza con 33 anos de historia; a produtora de televisión Miñomedia; e a editora de libros Atlantia Edicións.

Sala de Concertos Tebras

RESTAURANTE VEXETARIAN

EVENTOS CONXUNTOS

FESTIVAL SEMANA JAZZ
FESTIVAL SEMANA JAZZ

TODO CALDIAE

Codex Cinema

Proxecta todo o cinema galego, cinema europeo en versión orixinal e cinema do resto do mundo, sempre buscando a calidade e o compromiso dos filmes dende un punto de vista social e cultural.

Auditorio

Este espazo utilizase para teatro, variedades e ten unha programación de música clásica na que a Orquestra de Cámara titular de Caldiae Factoría Cultural interpreta obras de compositores galegos mesturada con grandes mestres da música clásica universal. A orquestra está composta por 22 músicos.

Restaurante Vexetariano

Neste lugar sérvese comida ecolóxica procedente de diferentes hortas galegas e mentres se degusta a comida proxéctanse imaxes  de creadores galegos, documentais etc. Conta tamén cun escenario que ao remate de servir as viandas acolle actuacións de grupos de jazz, blues, música tradicional etc.

Sala de Exposicións

Está ubicada no hall e nos corredores, o que ofrece a posibilidade ao diferente público que acode ao recinto a ver as exposicións que colgan das súas paredes.

Estudio de Gravación

EC Estudios é un dos recintos de gravación máis importantes do Estado Español. Foi realizado polo gurú do deseño acústico Marçelo Tavares e conta cunhas instalacións de considerables dimensións o que fai que a sala de gravación se teña utilizado como plató para programas de música para a televisión de Galicia.

Estudio de Radio

Dende os estudios de radio realizase a emisión de ANCARES BECERREÁ SI RADIO no dial 107.4 da FM e en RIBEIRA SACRA SI RADIO no 93.4 da FM dende onde se emite un informativo en directo de luns a venres entre as 7:00 e as 9:00 horas contando a actualidade de Lugo e a súa provincia. Asemade tamén se realizan debates en directo de luns a xoves de representantes políticos do estado, autonomía, provincial e local, aos que pode asistir público, así como programas culturais e de entretemento.

Redacción Xornaldelugo.com

O periódico dixital Xornaldelugo.com que comezou a publicarse no ano 2015 e recolle información de Lugo e provincia, tanto dende o ámbito político como social ou cultural.

Sala de Concertos|Plató TV.

Este espazo pode acoller concertos de preto de 1.000 persoas e conta cun sofisticado equipamento de son e luces. Por esta sala xa pasaron moitos dos grandes artistas de pop e rock entre os que podemos citar a: Xoel López, Zahara, Carolina Durante ou Los Deltonos. No tocante a artistas galegos estaan programados un Festival de Jazz a última fin de semana de setembro e un Festival de Músicas Diversas a primeira fin de semana de outubro. Este espazo ambivalente acolle tamén gravacións para o cine e televisión, tanto para as producións propias como para aluguer.

Tenda Cultural

Este é un lugar onde prima o apoio á nosa cultura. A maioría de libros e discos son galegos, aínda que tamén ten nos seus andeis libros de outras literaturas, así como músicas de outros países.

Compañía discografia Sons Galiza

Sons Galiza fundouse no ano 1987 e ten nos seus arquivos unha grande parte da historia da música galega dende os anos 80 ata a actualidade. Conta con diferentes coleccións:  Folk, World Music, Rock, Jazz ou Clásica. Entre as súas producións hai discos de Brath, Luar na Lubre, Uxía, Xocaloma, Na Lúa, Saraibas e un longo etc

Produtora de TV Miñomedia

Fundada en 2006 ten producido documentais como “Palabra no tempo que comeza”, un documental sobre a vida de María Mariño; “A terra e a saudade”, a biografía de Ramón Piñeiro; ou “Entre Vigo e  o mar de Vigo”, obra e biografía de Álvarez Blázquez. Programas para a Televisión de Galicia como E-Música, unha historia da música galega; Pobos con Música, programa que deu a coñecer as músicas e os músicos das diferentes vilas galegas; Feirantes, talent show, programa-concurso mesturado con gastronomía e cultura galega; ou Doutor en Galicia, unha visión dos profesionais da medicina en Galicia.

Ademais conta coa gravación dos oito Camiños de Santiago en Galicia, un proxecto que está a piques de rematar.

Atlantia Edicions

Atlantia Edicións conta no seu catálogo con dúas coleccións de poesía: Xanela, que se edita en papel e en soporte gravado coa voz dos poetas recitando; Ara Solis.

Nestas coleccións teñen editados os seus libros autores da categoría de: María Xosé Queizán, Xavier Rodríguez Barrio, Manuel Forcadela, Xesús Valcárcel, Xosé Lois García ou Fiz Vergara Vilariño.