O Delegado da Xunta visita as instalacións de Caldiae

Na Factoría Cultural Caldiae recibimos hoxe unha visita moi especial. A do Delegado Territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, quen se achegou ás nosas instalacións para coñecelas dende dentro.

O delegado visitou a Sala Tebras onde, nuns días, terán lugar dous concertos en acústico de Manu Chao; seguiu a súa visita coas instalacións de Lugo Si Radio (Radio Ancares Becerreá, Xornal de Lugo e Radio Ribeira Sacra).

Arias Fouz visitou tamén os Estudios EC, onde o delegado puido deleitarse co avance dalgún dos novos traballos que prepara o estudio.

Por último, o delegado visitou as instalacións de Codex e Vexetarian, ademáis do noso auditorio Caldiae.

Unha visita que serviu para dar a coñecer ao delegado tanto as instalacións físicas como algúns dos proxectos que a Factoría prevé poñer en funcionamento nos vindeiros meses.

.