Seleccionar página

e

O ESPAZO CULTURAL

Codex Cinema

Proxecta todo o cinema galego, cinema europeo en versión orixinal e cinema do resto do mundo, sempre buscando a calidade e o compromiso dos filmes dende un punto de vista social e cultural.

Sala Tebras

Este espazo pode acoller concertos de preto de 1.000 persoas e conta cun sofisticado equipamento de son e luces. Por esta sala xa pasaron moitos dos grandes artistas de pop e rock entre os que podemos citar a: Xoel López, Zahara, Carolina Durante ou Los Deltonos. No tocante a artistas galegos estaan programados un Festival de Jazz a última fin de semana de setembro e un Festival de Músicas Diversas a primeira fin de semana de outubro. Este espazo ambivalente acolle tamén gravacións para o cine e televisión, tanto para as producións propias como para aluguer.

Restaurante Vexetariano

Neste lugar sérvese comida ecolóxica procedente de diferentes hortas galegas e mentres se degusta a comida proxéctanse imaxes  de creadores galegos, documentais etc. Conta tamén cun escenario que ao remate de servir as viandas acolle actuacións de grupos de jazz, blues, música tradicional etc.

EC Estudios

EC Estudios é un dos recintos de gravación máis importantes do Estado Español. Foi realizado polo gurú do deseño acústico Marçelo Tavares e conta cunhas instalacións de considerables dimensións o que fai que a sala de gravación se teña utilizado como plató para programas de música para a televisión de Galicia.

Sons Galiza

Sons Galiza fundouse no ano 1987 e ten nos seus arquivos unha grande parte da historia da música galega dende os anos 80 ata a actualidade. Conta con diferentes coleccións:  Folk, World Music, Rock, Jazz ou Clásica. Entre as súas producións hai discos de Brath, Luar na Lubre, Uxía, Xocaloma, Na Lúa, Saraibas e un longo etc

Atlantia Edicións

Atlantia Edicións conta no seu catálogo con dúas coleccións de poesía: Xanela, que se edita en papel e en soporte gravado coa voz dos poetas recitando; Ara Solis.

Nestas coleccións teñen editados os seus libros autores da categoría de: María Xosé Queizán, Xavier Rodríguez Barrio, Manuel Forcadela, Xesús Valcárcel, Xosé Lois García ou Fiz Vergara Vilariño.

Tenda Cultural

Este é un lugar onde prima o apoio á nosa cultura. A maioría de libros e discos son galegos, aínda que tamén ten nos seus andeis libros de outras literaturas, así como músicas de outros países.

Cas D'oLeiro

Unha productora audivisiual que traballa entre moitos proxectos na divulgación tanto das nosas costumes como na expasión da nosa lingua.

A considerar

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos y para mostrarte publicidad relacionada con sus preferencias en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Configurar y más información
Privacidad