Músicas Diversas
Lugo Folk
Encontros de Música Popular
PROGRAMA Outubro
Venres 1
21:30h Cea- Concerto do guitarrista flamenco Alberto Lucena (Andalucía)– Restaurante Vexetarian
Sábado 2
13:00h Conferencia a cargo de Fernando Iñíguez – A situación do folk no Estado Español (Director La Tarataña de Radio 3) – Auditorio Caldiae
20:00h Concerto Manuel Luna ¬ Brena La Música (Cantabria) e a continuación Etno Miguel Afonso (Canarias)
Domingo 3
13:00h Mesa redonda con: Ricardo Ros (As gaitas de boto na música catalá); Agus Barandiaran “El fuelle del infierno: origen y evolución de la trikitixa»; Manuel Luna “Etnomúsicas e globalización na era dixital” ; Etno Miguel Afonso (Músicas de raíz nas Illas Canarias). Auditorio Caldiae
20:00h Concerto Ros (Catalunya) e a continuación Concerto Korrontzi (Euskadi)
Alberto Lucena
Alberto Lucena nace en Córdoba en 1972, coa idade de dez anos comeza a súa andadura como guitarrista. Durante dous anos, recibe as súas primeiras clases, da man de Rafael Rodríguez » MERENGUE DE CORDOBA» e segue o seu enriquecemento musical, formándose en cursos impartidos por grandes mestres da guitarra como Paco Peña, Rafael Riqueni e Manuel de Palma.
Aos doce anos, ingresa no Conservatorio Superior de Música de Córdoba; Manuel Cano foi o espello no que se mirou, del aprendeu a técnica máis complexa; aos dezasete anos termina a súa formación conseguindo o titulo de grao medio de guitarra, no Conservatorio Superior de Musica de Córdoba.
Os primeiros anos da súa carreira profesional, destaca como artista de acompañamento ao baile, pasando polas academias máis importantes da cidade. Nos anos 90/91 realiza a súa primeira xira europea percorrendo Alemaña e Suíza, e en 1993 ata 1995 instalase en Madrid e ingresa no tablao flamenco «CASA PATAS».
En 1997 chega a Xapón da man de Yoko Komatsubara realizando unha xira por Tokio, Fukuoca, Quioto e outras grandes cidades. En 1998 marcha a Finlandia con outros artistas. Tras esta etapa Alberto Lucena decide participar no prestixioso Concurso Nacional de Arte Flamenco de Córdoba, conseguindo así, no ano 98, o premio en guitarra de acompañamento «Manolo de Huelva», deixando a outros grandes artistas como Paco Arriaga, Niño Chaparro e Luis Calderito.
Dende este momento convertese en guitarrista oficial de dito concurso, compartindo escenario e premios cos máis importantes e galardoados artistas flamencos do cante como Antonio Porcuna «El Veneno» , » El Chozas»; ou do baile Belén López, Lola Perez e Fran Espinosa.
Alberto Lucena dende os seus inicios ata a actualidade, destaca por as súas numerosas actuacións en diferentes festivais e recitais acompañando a cantaores e bailaores flamencos por todo o territorio nacional.
O guitarrista da un xiro a súa carreira, abríndose a novos camiños e deixando o flamenco máis puro para prestar os seus servizos no musical de rock sinfónico andaluz, «Walada» con Aida Gómez, Igor Yebra e Paco Mora e onde se fusiona estilos tan distintos como rok-andaluz jazz, blues e flamenco.
Dende hai sete anos forma parte do tablao flamenco de Córdoba «CARDENAL». Na actualidade acompaña nas súas actuacións ao cantaor Raul Alcantara Chacon » EL TROYA» obtendo inmunerables premios, entre os cales destacan «el MELON DE ORO Loferro (Murcia)» e o concurso en Ubeda (Jaen) e ao bailaor Fran Espinosa nas súas xiras obtendo grandes éxitos.
En maio de 2008 presentou o seu propio espectáculo «ALBA», estreándose como concertista con temas propios no festival internacional de guitarra en Córdoba compartindo cartel con grandes artistas nacionais e internacionais COMO CHUCK BERRY, GARY MOORE, ROGER HODSON,TOMATITO, JUAN M.CAÑIZARES, ESTRELLA MORENTE, MERCHE ESMERALDA ETC
Dende o ano 2008 ata as ultimas edicións, Alberto Lucena forma parte do prestixioso cartel de a «Noche Blanca del Flamenco», compartindo protagonismo con outros artistas de alto nivel e en este último ano como concertista coas súas propias composicións, obtendo unha gran crítica.
Unha das súas últimas viaxes é Nova York, onde actuou na gran mazá. Alberto Lucena, guitarrista precoz e versátil que soubo adaptarse e enriquecerse na súa longa e ampla traxectoria profesional e ao que lle quedan numerosos recoñecementos.
Na actualidade é o guitarrista do Tablao flamenco Cardenal en (CORDOBA) , o cal esta recoñecido como un dos máis importantes do mundo.
Manuel Luna y Brena
Manuel Luna, antropólogo e músico, coñecido pola súa vinculación aos estudos patrimoniais da cultura ibérica, é profesor universitario, investigador e tamén creador de varias bandas de música de raíz e outras formacións musicais do terreo, ademais de divulgador destas músicas, por anos, en Radio 3 e outras emisoras nacionais. Agora preséntanos unha nova faceta da súa obra artística, procedente das músicas da Iberia do norte. O cantante, de orixe cántabra, con máis dunha quincena de traballos no seu historial, decide de novo achegarse ás músicas do Cantábrico.
Brena é unha braña de altura pola terra pasiega, pero tamén un recordo emocionado aos antepasados de Manuel procedente da saga Samperio. Un territorio, que como outros, sofre un despoboamento crecente, por tanto, un bo momento para parar e escoitar o silencio dos montes e endereitar uns toques e uns cantes do terreo con arranxos propios, antes que todo sexa un recordo. Manuel Luna é o cuarto disco de tema cantábrico que ofrece ao público, cargado dunha experiencia que lle levou a percorrer con esta e outras formacións, como a Cuadrilla Maquilera ou Citrus Band, escenarios de Europa, Latinoamérica e o Magreb.
En plena madurez, o cantante volve de novo a súa mirada á orixe da súa cultura persoal e acompáñase no traxecto de dous músicos versátiles experimentados e do terreo: Luís Anxo Jorrín aos teclados, acordeón e baixos e José Maria Murillo (ex Luétiga- Mailla), co violín e rabel; ademais un selecto grupo de colaboradores, entre os que destacan Sergio Sordo (Gaita e frauta), Gorka Hermosa (acordeón), Víctor Aja (percusións), Ronda La Pozona (coros), Chisco Guazo (gaiteiro de Mayadama), coa novidade de Rafi Cossio, (Irmáns Cossio), a quen agradezo a súa colaboración.
Na gravación, unha vez máis, a experiencia de Àngel Santiago, á fronte de estudos Ibioson, conduciu un delicado traballo de edición sonora que rescata as estruturas antigas, ás que reincorpora novos arranxos.
Luís Anxo Jorrín, José Maria Murillo e Manuel Luna son Brena La Música. Os tres conforman este proxecto inicial, que poderá ampliarse no futuro e que agora nos ofrecen cun novo rexistro interpretativo onde Manuel poñerá a voz, guitarra e percusións.
Discografia: Manuel Luna y Brena
“ Los Gallos de Londres”, (Sonifolk, 1981)
” Papeleria Rocio”, (Resistencia, 2004).
” Mejor una canción”, (Trenti, 2008)
“El pirulí de la Habana”( Trenti – 2018)
Miguel Afonso Grupo
ETNO, Tránsito por las músicas antiguas de Canarias.
Miguel Afonso é un dos músicos populares más consolidados e de maior proxección do arquipélago canario. Crea un estilo propio e marca un camiño persoal, que o levou a converterse nun dos músicos canarios máis prolíficos hoxe en día. Iniciou unha longa viaxe polo mundo da música tradicional, realizando investigacións sobre a tradición musical nas illas e dedicándose estes últimos anos ao estudio do acordeón como instrumento de gran repercusión en Canarias.
Miguel Afonso formase entre o Conservatorio das Palmas de Gran Canaria e posteriormente no Real Conservatorio Superior de Madrid, así como distintos cursos na Aula de Jazz das Palmas de Gran Canaria. Forma parte durante oito anos da Compañía do Canto Popular Mestisay, realizando xiras por toda a xeografía estatal e distintos países de América Latina. Colaborou como acordeonista con grupos nacionais, participando nos festivais folk máis importantes do país. Crea en 1992, o grupo Non Trubada, coa intención de proxectar a música popular canaria con unha sutil fusión de sons de raíz. No ano 2002, Miguel Afonso iniciou a súa carreira en solitario co álbum “Aruriando”, do que presentou un innovador espectáculo onde fusionou a música de raíz coa danza e o teatro.
O intérprete grancanario no só destaca na súa carreira pola recuperación do instrumento na música tradicional das illas, como ben ilustra a fundación da Asociación Canaria de Acordeón o seu labor como impulsor do Festival Folk Canarias, a punto de cumprir a súa décimo terceira edición. Tamén é de destacar o seu impulso do uso do acordeón en xéneros como o teatro musical, aplicado á mostra da cultura tradicional. Así, creacións como “Monólogo de un acordeón vagabundo” o “La mujer de mi vida” son bos exemplos deste labor.
Aínda que os seus traballos estean fondamente enraizados na tradición, Miguel Afonso creou unha música sen fronteiras, mesturada cos aromas, ritmos e cores de outros lugares e outras culturas, aberta ao mundo sen complexos, con respecto e sobre todo coa ilusión e a curiosidade de todo aquel que ama o que fai. Asemade, presentou recentemente o seu sexto traballo discográfico, “Islas”.
Unha viaxe pola música dos arquipélagos atlánticos de Cabo Verde, Madeira, Azores e Canarias, contando coa colaboración de músicos como Emiliano Toste (Azores), Sara Alhinho (Cabo Verde) e o grupo Xarabanda (Madeira). Temas tradicionais de aquí, algúns con certas reminiscencias africanas e europeas, así como aires moi portugueses. O que da lugar a unha fusión moi colorista.
Miguel Afonso en España:
– Festival Intercéltico de Orejo (Cantabria)
– Encuentro del Romancero de Castañeda (Cantabria)
– Semana de las culturas de Grado (Asturias)
– Festival El Magusto (Cáceres)
– Festival Parapanda Folk (Andalucía)
– Festival Folk Chinchón (Madrid)
– Festival Aranjuez Folk (Madrid)
– Festival Magosta Folk (Cantabria)
– Festival Segovia Folk (Castilla y León)
– Ciclo Músicas Mundas (Castilla-La Mancha)
– Festival Olmedo Folk (Castilla y León)
– Festival Trovada de Acordeonistas del Pirinero (Cataluña)
– Semana Cultural Fundación Siglo XXI (Guadalajara)
– Festival Pilar Folk (Zaragoza)
– Festival Intercéltico de Morrazo (Galicia)
– Teatro Real Carlos III de Aranjuez (Madrid)
Miguel Afonso en Europa:
– Festival de las Rup/Open Day (Bruselas)
– Festival Outonalidades (Portugal)
Miguel Afonso en América:
– Teatro Teresa de Bolivar /Telesur (Venezuela)
– Festival Internacional de Acordeón de San Antonio de Texas (EEUU)
– Festival Sonamos Latinoamérica (México)
– Festival Fitich (Chile)
– Festival Internacional Guitarras de América (Chile)
– Teatro Sarmiento (Argentina)
Miguel Afonso en Oceanía:
– Nanga Music Festival (Australia)
ROS
ROS é o novo proxecto do músico catalán Ricard Ros i Roig centrado na tradición musical catalá e na súa cornamusa, o sac de gemecs. Coa experiencia dos grupo “RIU” e “Qui hi ha?” o frautista e gaiteiro emprende o seu camiño máis persoal ben acompañado da violinista catalá Marta Barbero, o bouzukista portugués Luís Peixoto e as caixas de ritmos e sintetizadores do arxentino Lucho Torres.
O repertorio nútrese de novas composicións e pezas como o ball pla, a sardana e a xota. Centradas na tradición catalá, as composicións, propoñen revalorizar a presenza da súa gaita, “o sac de gemecs”.
ROS está arraigado á tradición e tende a man ao presente cun son moderno e unha proposta renovadora.
Marta Barbero, violín
Luís Peixoto, bouzuki
Lucho Torres, sintetizadores e caixas de ritmos
Ricard Ros, sac de gemecs, whistles e ueilleann pipe.
Korrontzi
Korrontzi, banda de música tradicional (País Vasco) formada por Agus Barandiaran en 2004. Ofrece unha fusión de sons tradicionais de música folclórica do País Vasco cun aspecto contemporáneo, sempre desde a perspectiva dunha música baseada na trikitixa (acordeón diatónico vasco) e acompañada por instrumentos máis modernos.
Korrontzi ten dez álbums publicados ao longo dos seus dezasete anos viaxando coa súa cultura, idioma, danza e música, visitando países tan diferentes como Canadá, Eslovenia, Inglaterra, Marrocos, Alemaña, Estados Unidos, Romanía, Francia, Cabo Verde, Irlanda, Brasil, Malaisia, Grecia, Bélxica, República Checa, Italia, Isla Reunión, Portugal … e converténdose en escaparate da tradición vasca en festivais de música de todo o mundo, onde sempre recibiron unha gran ovación e eloxios.
Foron galardoados con numerosos premios e mencións, como a súa selección en “WOMEX official selection» en 2014 e 2019, os «World Music Charts» ou «Mellor Banda Europea, Eurofolk» entre outros.
Resumindo, Korrontzi é un grupo de música vasca que non deixa indiferente a ninguén, coa súa forza e enerxía é capaz de transmitir dende sons antigos ás novas tendencias do folk cunha visión única e progresista.