
O ESPAZO CULTURAL
Codex Cinema
Proxecta todo o cinema galego, cinema europeo en versión orixinal e cinema do resto do mundo, sempre buscando a calidade e o compromiso dos filmes dende un punto de vista social e cultural.
Sala Tebras
Este espazo pode acoller concertos de preto de 1.000 persoas e conta cun sofisticado equipamento de son e luces. Por esta sala xa pasaron moitos dos grandes artistas de pop e rock entre os que podemos citar a: Xoel López, Zahara, Carolina Durante ou Los Deltonos.
Ademáis de realizar dous festivais (Festival SantJazz e Festival Músicas Diversas) onde se deu voz a grandes e novos artistas nacionais e internacionais. Este espazo ambivalente está pensado para acoller gravacións para o cine e a televisión, tanto para as producións propias como para aluguer.
A Tenda
Próximamente.
EC Estudios
EC Estudios é un dos recintos de gravación máis importantes do Estado Español. Foi realizado polo gurú do deseño acústico Marçelo Tavares e conta cunhas instalacións de considerables dimensións o que fai que a sala de gravación se teña utilizado como plató para programas de música para a televisión de Galicia.
Sons Galiza
Sons Galiza fundouse no ano 1987 e ten nos seus arquivos unha grande parte da historia da música galega dende os anos 80 ata a actualidade. Conta con diferentes coleccións: Folk, World Music, Rock, Jazz ou Clásica. Entre as súas producións hai discos de Brath, Luar na Lubre, Uxía, Xocaloma, Na Lúa, Saraibas e un longo etc

Atlantia Edicións
Atlantia Edicións conta no seu catálogo con dúas coleccións de poesía: Xanela, que se edita en papel e en soporte gravado coa voz dos poetas recitando; e Ara Solis.
Nestas coleccións teñen editados os seus libros autores da categoría de: María Xosé Queizán, Xavier Rodríguez Barrio, Manuel Forcadela, Xesús Valcárcel, Xosé Lois García ou Fiz Vergara Vilariño.