Festival Músicas Diversas
O festival MÚSICAS DIVERSAS ofrece unha mostra dos diferentes estilos musicais que se están a desenvolver en Galicia por novos creadores que apareceron nos últimos tempos. Música pop, rock, cantautores, músicas do mundo, swing, blues desfilarán polo escenario da Sala Tebras a vindeira fin de semana.
Desde Lugo SILVIA CHIGLIAK E ADRIÁN ARIAS forman un dúo de piano e voz que recrean éxitos de diferentes épocas e estilos. O lugués SAULO SAUSE únese a Paul Baker nunha parella onde a música creada polo británica afincado na Ribeira Sacra desenvolve un son típico das illas británicas. LE BARLUTHIER trátase dun pianobar literal e itinerante nunha viaxe no tempo aos anos 30, 40 e 50 coa música jazz, swing, dixie ou latin a través dun espectáculo cómico musical. O trío BARBAÑA BLUES chega desde Ourense coas súas versións de blues americano reinterpretando aos clásicos dun xeito moi persoal.
O Grupo FUA é un cuarteto de corda pouco convencional. A pesar de que os seus integrantes teñen unha formación clásica, o principal obxectivo do grupo é o de facer unha versión música moderna cunha agrupación de cuarteto clásico, achegando así estes instrumentos a un público máis amplo. A banda KAF! formada por músicos de O Porriño e Mos darán conta dos seus novos temas nos que levan traballando desde o ano 2020.
Carolina Rubirosa é unha das artistas emerxentes do panorama musical galego cunha importante traxectoria as súas costas; ten compartindo escenario e gravando traballos con artistas como Coque Malla ou Andrés Calamaro. Gravou coa Real Filharmonía de Galicia e gañou varios concursos musicais como o «Revolution Unplugged» de Europa FM.
Sr. Salvaje parte de sons que recordan ao rock estatal de toda a vida, sen esquecer os seus grandes referentes do rock americano dos anos 70. Rock&Roll tradicional, con toques Hard e en castelán que é fiel herdanza da bagaxe musical deste país. SR. SALVAJE crea e constrúe un son directo, visceral e con clase, traballando dende a idea de liberdade e autenticidade. Unha banda sen trampas nin curvas. Un concepto romántico de banda de rock and roll.
A entrada inclue consumición
PROGRAMA
Venres 29
Silvia CHIGLIAK & ADRIAN (Lugo)
SAULO & PAUL (Lugo)
THE BARLUTHIERS (Vigo)
BARBAÑA BLUES (Ourense)
Sábado 30
KAF! (Vigo)
CAROLINA RUBIROSA (O Grove)
FUA (A Coruña)
SR. SALVAJE (Santiago)
Le Barluthier
Le BarLuthier é un pianobar literal e itinerante, un piano sobre o que se serven copas con música swing en directo. Unha viaxe no tempo aos 30 s, 40 s e 50s. Un espazo móbil de dobre utilidade: música e bebida, ideal para eventos. Trátase dun pianobar literal e itinerante. Un piano de cola cuxa caixa de resonancia convértese nunha barra de bar sobre a que se serven copas nunha viaxe no tempo aos anos 30-40-50 co seu música jazz, swing, dixie, latin, etc a través dun espectáculo cómico musical con músicos e showwoman. Ideal para un cóctel de benvida, coffebreak, brunch, inauguración, certames de lindyhop, etc. Lle Barluthier asegura frescura, orixinalidade, espontaneidade. Un proxecto novo e con bo son destinado a aquela actividade que se decidiu executar como guinda do pastel.
Barbaña Blues
Dende a marxe esquerda do Barbaña , no ano 2019 , xurde unha banda formada por tres bregados músicos,
cultivados nas lareiras , escenarios e chumadoiros do territorio galego e mais aló . Banda que , nutrida cos isótopos radiactivos das augas das Burgas , mama das raíces da música norteamericana , e destila un cálido, divertido i enerxètico directo.
Barbaña Blues son :
David «Chavalote» Taín – guitarras e voz
Esaú «ínclito» Pérez- armónicas e voz
Fernando «Cherokee» Risco – batería e voces
Fua
O Grupo Fua é un cuarteto de corda pouco convencional. A pesar de que os seus integrantes teñen unha formación clásica, o principal obxectivo do grupo é o de facer unha versión música moderna cunha agrupación de cuarteto clásico, achegando así estes instrumentos a un público máis amplo.
Está formado polos violinistas Jorge Galán Adega e Javier Ucha Fariña, o violista Pablo Quiroga González e o violonchelista Saúl Nogareda Candal. Os catro integrantes formáronse no Conservatorio Profesional de Música da Coruña, onde coincidiron por primeira vez, e continuaron os seus estudos superiores en diferentes centros como: Conservatorio Superior de Música da Coruña, ESMUC (España), Utrechts Conservatorium HKU (Holanda) ou ESMAE (Portugal). A actividade do Grupo Fua vai desde tocar na rúa ata participar en todo tipo de eventos.
Realizaron colaboracións e gravacións con diferentes artistas, levaron a cabo concertos didácticos e concertos benéficos nos que colaboraron con entidades como o Banco de Alimentos Rías Altas ou a Fundación Meniños (Evento Solidario Treze Luzes). En definitiva, é un grupo novo e cunha gran enerxía e versatilidade, cuxa intención é gozar e facer gozar aos demais coa súa música.
Sr. Salvaxe
Sr. SALVAXE xorde no verán de2019. tres habituais da escena galega coas ideas claras que, tras editar o e. p. «111» (Rock Cd Records, 2020), en xullo de 2021publican o primeiro adianto do seu próximo traballo discográfico en forma de videoclip: » miss fortuna». clip dirixido, gravado e editado por Tamboura Films e Pixelecer, coa dirección artística de Olalla Tesouro e como é habitual con esta banda, con Iago Pico na produción musical, gravación, mestura e mastering da canción. este 2021 tamén participan na homenaxe «25 anos ruxindo», tributo a Ruxe Ruxe con unha reinterpretación da canción » terceira guerra».
Sr. SALVAXE é liberdade. Tomando como motivación a frase de Óscar Wilde: «Se tú mismo, o resto de postos ya están ocupados». Crea e constrúe un son directo, visceral e con clase, traballando desde a idea de liberdade e autenticidade. É unha banda sen trampas nin curvas feita para ser gozada e desfrutada. O concepto romántico debanda de Rock and Roll.
Carolina Rubirosa
Carolina Rubirosa é unha das artistas con maior proxección de Galicia, compartindo escenario e gravando traballos con artistas como Coque Malla, Miguel Ríos ou Andrés Calamaro. Gravou coa Real Filharmonía de Galicia e gañou varios concursos, como «Revolution Unplugged» de Europa FM ou «Sonidos Mans 2019». Entre algúns dos seus recoñecementos destaca a seleccionada para representar a Galicia no Festival Internacional de Liet en Dinamarca, ou o premio ao mellor videoclip no Art & Tur Iternational Film Festival ( Aveiro, Portugal). É autora da Canción Oficial de Promoción do Camiño Inglés de Santiago, e algunhas das súas composicións foron premiadas e incluídas en programas de televisión nacionais. Actuou en varias cidades europeas como Moscova, Helsinki, Támpere, Stuttgart, Londres ou Liverpool e estivo presente con gran éxito nos principais festivais de Galicia:
O Son do Camiño, Festival de La Luz, TerraCeo, Noroeste Pop Rock, Festas de María Pita, Blues na Rúa, Ás 9 na praia, Xoves musicais …
En 2021 presentou o seu novo e ambicioso traballo co produtor Juan de Dios Martín, afincado en Los Ángeles (Amaral, Barón Rojo, Xoel López), cuxo primeiro sinxelo avanzado , «Tierra de Nadie», acadou un notable éxito na nacional e conta con colaboracións con artistas internacionais de gran importancia.
Kaf!
O grupo KAF! é orixinario do Porriño e Mos. A formación está composta por Kiri Knight á batería, gaita, frauta, baixo e voz; Ana Belén Rodríguez ao piano, clave de guitarra, batería, baixo e voz; Fran Leboso á guitarra, piano, batería, harmónica e voz; e Irene Anta ao baixo, guitarra, piano, guitarra crave e voz. Ana, Fran e Kiri son profesores da aula de Música Pianagrama en Mos, do que Ana é hoxe fundadora e directora. E Fran e Kiri estiveron tocando xuntos en diferentes bandas durante case dúas décadas. Estes tres artistas musicais, uníronse para acompañar ás bandas amateurs que ían xurdindo na súa escola, isto vai en aumento e pronto aparecen os contratos. Para reforzar a tríada, deciden apostar pola calidade de cancións máis elaboradas, e pensan en Irene Anta para unirse á formación, unha das súas alumnas máis destacadas. A banda estivo a traballar durante a primeira metade do ano 2021 na elaboración do seu disco con composicións propias en galega e castelán. Así mesmo, un dos temas deste traballo será a banda sonora da segunda parte de “Metamorfose”, obra do actor e director porriñés Alex Sobrino, proxecto que levará a cabo baixo o nome da compañía de teatro Xerpo.
O Son do Camiño, Festival de La Luz, TerraCeo, Noroeste Pop Rock, Festas de María Pita, Blues na Rúa, Ás 9 na praia, Xoves musicais …
En 2021 presentou o seu novo e ambicioso traballo co produtor Juan de Dios Martín, afincado en Los Ángeles (Amaral, Barón Rojo, Xoel López), cuxo primeiro sinxelo avanzado , «Tierra de Nadie», acadou un notable éxito na nacional e conta con colaboracións con artistas internacionais de gran importancia.
Silvia & Adrian
Adrián Arias (teclado) e Silvia Viñas (voz) interpretan na súa maioría grandes éxitos do folk americano escollendo a intimidade con fío condutor do concerto.